Friday 17 de May de 2024

Charla “cardiosaudable na menopausia” na Casa da Cultura de Fene


 

A chegada da menopausia pode afectar á saúde do corazón das mulleres. Por iso é imporante vixiar o corazón ao chegar a esta etapa da vida. As matronas de Fene, Ares e Mugardos organizan para o mércores 14 de marzo, ás 16 horas, unha charla sobre a saúde do corazón na menopausia. A conferencia terá lugar no salón de actos da Casa da Cultura de Fene (Avda. de Conces, 20-22, Fene) e correrá a cargo do Dr. Fernández Obanza (cardiólogo). Entrada libre.